Subsidio por risco durante o embarazo e a lactación natural

De acordo coa normativa (Real decreto 295/2009), existen dúas etapas diferenciadas para o recoñecemento do dereito ás prestacións por risco durante o embarazo e a lactación natural:

Solicitude de emisión da certificación médica sobre a existencia de risco durante o embarazo ou lactación por parte da traballadora:

Documentación a presentar en nosas as oficinas de Mutua Universal:

  • Solicitude traballadora.
  • Certificado empresarial sobre a actividade desenvolvida e as condicións de traballo.
  • Informe médico do facultativo do Servizo Público de Saúde que a asiste indicando estado do embarazo (semana de xestación e data prevista de parto).
  • Avaliación de riscos do posto de traballo ocupado pola traballadora.
  • Relación de postos de traballo exentos de risco.
  • Informe médico de vixilancia da saúde (servizo prevención) que informe sobre os riscos no posto de traballo.
  • Fotocopia do DNI ou NIE.

Unha vez analizados os riscos do posto de traballo da solicitante, Mutua Universal emitirá un certificado médico en que se informará do nacemento do dereito á prestación (en data inmediata ou en data diferida) ou rexeitamento do subsidio.

En caso de aceptación será obriga da empresa considerar en primeiro lugar a posibilidade de traslado a un posto de traballo compatible co embarazo. Só no suposto da inexistencia deste posto compatible optarase por solicitar a prestación.


Solicitude da prestación por parte da traballadora:

Documentación a presentar en nosas as oficinas de Mutua Universal:

  • Solicitude traballadora.
  • Certificado da empresa que informe sobre a base de cotización por continxencias profesionais do mes anterior á suspensión do contrato. Se a xornada da traballadora fose a tempo parcial ou o seu contrato fixo descontinuo, o certificado informará sobre as bases de cotización por continxencias profesionais dos 3 meses anteriores ao mes de suspensión do contrato de traballo. En ambos os dous casos completarase a información con copias das nóminas dos períodos comentados.
  • Comunicación de datos ao pagador para os efectos da declaración do IRPF (Modelo 145) e fotocopia do libro de familia.