Subsidio por risco durante a lactación

Publicado o: 02/11/2015
Subsidio por risco durante a lactación

Mutua Universal para cumprir co Real decreto 295/2009, do 6 de marzo, recoñece o subsidio por risco durante a lactación como unha prestación derivada de continxencia profesional.

A natureza da prestación é a de protexer a traballadora ante unha situación de risco, naqueles casos en que non resulte técnica ou obxectivamente posible o cambio de posto de traballo ou de actividade por outro compatible co seu estado.


Que situación protexe esta prestación?

É aquela en que se encontra a traballadora cando no seu posto de traballo existen axentes, procedementos ou condicións de traballo que poden influír negativamente na súa saúde ou na do lactante.

Son beneficiarias desta prestación as traballadoras por conta allea ou propia e que se encontren en situación de suspensión de contrato e inscritas en calquera réxime da Seguridade Social. As beneficiarias deben cumprir os requisitos esixidos:

  • Estar afiliadas e en alta.
  • Estar ao corrente no pagamento de cotas, no caso de traballadoras responsables da cotización.

Os riscos que afectan á lactación son distintos aos que poden afectar ao embarazo. Na súa maior parte trátase de risco de contacto con produtos químicos, como o mercurio, o cadmio, o manganeso, etc.


Natureza da prestación económica

A xestión e o pagamento corresponde á entidade xestora ou colaboradora na modalidade de pagamento directo. A contía da prestación será equivalente ao 100% da base reguladora de continxencias profesionais, e coa dedución correspondente por cotizacións á Seguridade Social e as retencións por IRPF.

A duración da prestación realizarase durante o tempo necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo e finalizará:

  • Por cumprimento dos 9 meses do fillo.
  • Por incorporarse á súa actividade profesional.
  • Por causar baixa no réxime especial da Seguridade Social.
  • Por falecemento da beneficiaria ou do fillo lactante.
  • Extinción do contrato de traballo (paso a situación de desemprego).
  • Fin de chamamento en contratos fixos descontinuos.
  • Fin da lactación natural

A traballadora deberá entregar mensualmente un informe médico en que se informe de que prosegue a alimentación por lactación materna.

Como se tramita esta prestación?