Clínica en liña

Publicado o: 10/02/2016
Clínica en liña

Canda a atención presencial, as persoas traballadoras protexidas por Mutua Universal teñen á súa disposición as vantaxes da Clínica en liña, un sistema avanzado de telemedicina implantado en todos os centros asistenciais da entidade que garante o acceso á medicina especializada e hospitalaria independentemente da situación xeográfica.

Este servizo, accesible desde a Zona Privada, axiliza o diagnóstico, reduce os tempos de espera e concilia a vida familiar e laboral, o que mellora a calidade de vida dos pacientes e as pacientes e a súa familia, incrementa a eficacia e garante a continuidade en coidados.


Máis de 20 anos de experiencia en telemedicina

O sistema de telemedicina de Mutua Universal permite a todo o noso equipo profesional sanitario realizar asistencia médica, tanto simultánea como en diferido, conectando o paciente ou a paciente cos nosos centros asistenciais e áreas de control hospitalario, sempre garantindo os máximos niveis de seguridade na transmisión de datos médicos.

O servizo de telemedicina de Mutua Universal permite diversos tipos de conexión a distancia:

  • Telemedicina en mobilidade. Conexión directa, a través da Zona Privada e a app de Mutua Universal, entre paciente e persoal sanitario a través de dispositivo móbil, sen necesidade de desprazarse a un centro asistencial da entidade.
  • Telemedicina entre centros asistenciais propios de Mutua Universal. Un sistema de telemedicina avanzado que permite ás nosas persoas traballadoras protexidas acceder, desde calquera dos nosos centros asistenciais, aos especialistas e as especialistas máis axeitadas que dan soporte médico a distancia.
  • Telemedicina con outros centros sanitarios. Conexión entre centros asistenciais de Mutua Universal e outra centros sanitarios, xa sexa con Servizos de Vixilancia da Saúde das nosas empresas asociadas a través da Clínica En liña Empresa ou con hospitais intermutuais.

Vantaxes da telemedicina en Mutua Universal

  • Garante a equidade territorial e unha alta calidade asistencial, sen demoras, nin listas de espera.
  • Os pacientes e as pacientes reciben en tempo real, de forma fiable e totalmente precisa, unha atención médica personalizada prestada polo noso persoal especialista máis axeitado, que dá soporte médico a distancia.
  • Permite a calquera profesional asistencial, independentemente onde estea situado, consultar, recibir apoio e asesoramento sobre calquera patoloxía, diagnóstico, coidado ou tratamento.
  • Está integrada coa historia clínica electrónica de cada paciente, en que tamén se incorporan as radioloxías dixitais e probas diagnósticas para permitir que a información poida consultarse de forma rápida, áxil e simple.
  • É un núcleo de coñecemento médico en liña para que o noso persoal asistencial poida estar perfectamente preparado e asesorado.
  • A telemedicina reforza a nosa orientación ao servizo, proximidade, excelencia e innovación e permite aplicar un plan de saúde integral, colaborador e personalizado tutelado sempre polo persoal médico de confianza. Desta forma, garántese a máxima calidade asistencial, sen necesidade de desprazamentos, favorecendo así a conciliación da vida persoal e familiar da nosa poboación protexida. Opcionalmente, pódese contar co apoio constante de profesionais especialistas que garanten:
      • Diagnóstico contrastado, facilitando o intercambio de impresións entre especialistas e persoal médico de primaria.
      • Máxima inmediatez, con acceso ao mellor equipo de especialistas en tempo real, de forma fácil e rápida desde calquera punto da xeografía.