Clínica En liña Empresa

Publicado o: 12/03/2018

Clínica En liña é un sistema de telemedicina de altas prestacións, exclusivo de Mutua Universal que, nunha clara aposta pola innovación ao servizo da saúde e benestar da nosa poboación protexida, estendemos tamén ás nosas empresas asociadas.

Clínica En liña Empresa é un servizo pioneiro que contribúe a mellorar a competitividade das empresas, xa que repercute na saúde laboral e reduce desprazamentos e trámites administrativos.

Un modelo asistencial que potencia o Servizo de Vixilancia da Saúde (SVS)

  • Un sistema óptimo para mutualistas.
  • Un modelo consolidado e de probado éxito: máis de 35.000 consultas desde a súa implantación no ano 2011.
  • Unha metodoloxía de fácil implantación nos diferentes centros do SVS.
  • Investimento mínimo.
  • Aforro de tempos e custos.
  • Dentro do máis estrito cumprimento da normativa legal.

Clínica En liña universaliza o servizo asistencial para empresas

Clínica En liña Empresa permite conectar o Servizo de Vixilancia da Saúde (SVS) da empresa asociada co persoal profesional de Mutua Universal que se encontra nos centros asistenciais e áreas de control hospitalario. Desta maneira, a persoa traballadora protexida é atendida sen necesidade de saír da súa propia empresa.

  • Realización de consultas médicas ou de enfermaría do SVS da empresa con Mutua Universal.
  • Posibilidade de compartir a información clínica sen desprazamentos e valoración de casos mediante consultas SVS / Mutua Universal.
  • Posibilidade de realizar a primeira visita de traballador ou traballadora en centros de Mutua Universal, conxuntamente co SVS.

Innovación práctica e relevante para empresas e persoas traballadoras

  • Interacción en tempo real entre o Servizo de Vixilancia da Saúde (SVS) e o cadro médico de Mutua Universal.
  • En caso de accidente, consulta inmediata para valoración inicial paciente.
  • Compartir probas médicas (informes, radiografías, imaxes, etc.) nos supostos anteriores.
  • Ofrecer prescricións médicas en liña.
  • A persoa traballadora recibe un tratamento integral na primeira visita: diagnóstico, informes, medicación.
  • Aforro de tempo e eliminación de trámites administrativos: encóntrese onde se encontre, a persoa obtén o diagnóstico inicial do noso cadro de especialistas de forma rápida e eficaz, evitando desprazamentos innecesarios e ausencias.
  • Conexión entre profesionais dos SVS e consultores e consultaoras para discusión de patoloxías en xeral.
  • Investimento mínimo para un aforro de tempo e custos a curto prazo, con retorno do investimento.
  • Sistema que cumpre estritamente a normativa legal.
  • Modelo asistencial consolidado e de probado éxito, cunha metodoloxía efectiva de fácil implantación nos centros da empresa.
  • Sistema de xestión que contribúe a mellorar a competitividade da empresa: mellora a saúde laboral e reduce os trámites administrativos.

Todo iso, supón un aforro en tempos de desprazamento e asistenciais, dunha forma segura, fácil e confidencial.

Queres máis información sobre o servizo Clínica En liña para empresa?