Xestión Universal do absentismo

Publicado o: 21/11/2016

Organizacións de todo tipo están cada vez máis interesadas en frear o aumento da taxa de absentismo laboral mediante unha xestión e control acordes coa súa política e obxectivos xerais de xestión. Fano no contexto dunha sociedade cada vez máis esixente, do desenvolvemento de políticas económicas e outras medidas para fomentar a saúde dos traballadores, e dun aumento da preocupación social pola redución do absentismo laboral.

Como pode axudarche Mutua Universal?

Desde os primeiros anos da crise global de 2007, a análise do absentismo e a adopción de medidas para a súa redución e control convertéronse en obxectivos prioritarios para a maioría das empresas.

Por iso, Mutua Universal desenvolveu o Modelo de Xestión Universal do absentismo, baseado no Circulo de Deming de Mellora continua.