"

O absentismo na empresa

Publicado o: 21/11/2016

Que é o absentismo?

De forma xeral, o absentismo laboral é todo incumprimento por parte do traballador da xornada laboral, ben por atrasar a súa incorporación ou adiantar a súa saída diaria, ben por non acudir ao traballo nunha xornada completa ou en varias.

Tipos de absentismo:

  • Absentismo xustificado: consiste en ausencias permitidas legalmente, causadas pola incapacidade temporal por continxencias laborais ou comúns ou a permisos legais retribuídos
  • Absentismo inxustificado: faltas non xustificadas ou incumprimento do horario de traballo, como atrasos, recados, etc…
  • Absentismo presencial: a pesar de que o asalariado acode ao seu posto de traballo, dedica unha parte da xornada a actividades non relacionadas co seu labor. Inclúense as horas improdutivas, o uso de Internet, teléfono con fins persoais, etc.

Custos do absentismo

O elevado absentismo laboral contribúe a reducir a produtividade dunha empresa e afecta á eficacia da súa organización. Os custos laborais son cada vez máis relevantes: Podemos clasificalos en:

  • Custos directos: salarios (traballadores e substitutos), prestacións por IT, cotizacións sociais, complementos
  • Custos indirectos: organizativos, formación, diminución da produtividade, dificulta a planificación, perda de beneficios da Seguridade Social, sancións, recargas.

Querémoste axudar!