Traballas con diisocianatos?

Publicado o: 17/04/2024
Publicado o: 17/04/2024

Os diisocianatos son uns axentes químicos clasificados como sensibilizantes respiratorios e cutáneos, ademais de irritantes, que poden causar danos no sistema respiratorio (asma, hiperreactividade, etc.) e danar a pel (dermatite irritativa e / ou alérxica).

Teñen un uso moi estendido e dispón de multitude de aplicacións, como son as escumas ríxidas e flexibles, illantes, revestimentos, plásticos, adhesivos, pinturas, etc. Os diisocianatos máis utilizados son o de tolueno (TDI), o de difenilmetano (MDI) e o de hexametileno (HDI), entre outros.

Para previr o risco de exposición, a nivel europeo lexislouse en dúas liñas de actuación:

  • A Directiva 2024/869, que debe trasporse á nosa lexislación antes do 8 de abril de 2026, establece valores límites de exposición diaria e de curta duración para os compostos de diisocianatos no seu conxunto:
    • VLA-ED: de 6µg NCO/m3, cun período de transición de 10 µg/m3 ata 2028.
    • VLA-EC: de 12µg NCO/m3, cun período de transición de 20 µg/m3 ata 2028.
  • O Regulamento (UE) 2020/1149 establece unha formación obrigatoria para os usuarios industriais ou profesionais, previa ao seu emprego, sobre os perigos que comportan os diisocianatos e como usalos de xeito seguro. Definíronse diferentes niveis en función do proceso de utilización e o risco de exposición que comporta.

Publicado o: 17/04/2024

Onde formarse?

Destacamos a plataforma de formación que ofrecen as asociacións europeas de provedores de diisocianatos (ISOPA e ALIPA) que dispón de diferentes programas formativos adaptados ao uso específico do produto.

Publicado o: 17/04/2024