A importancia duns bos hábitos de traballo

Publicado o: 13/08/2020

Ademais dun bo deseño ergonómico do posto de traballo, outro factor a considerar é a actitude, o comportamento ou os bos hábitos do traballador durante a realización das tarefas. Aspectos como manter a postura correcta, realizar exercicios de quentamento ou estiramento, seguir técnicas para a manipulación de cargas e a mobilización de persoas ou unhas pautas de como sentarse fronte ao ordenador son clave para evitar a aparición de trastornos músculo-esqueléticos.