Circuíto Universal

Publicado o: 14/01/2016

Trátase dun circuíto interactivo polo que os traballadores teñen que ir pasando por espazos independentes (caixas/salas), para realizar diferentes probas en relación con temas de hábitos saudables.

Cada caixa vén definida polas probas que se realizan nela, cun titor para cada unha en función do tipo de probas, formando un circuíto.

O obxectivo deste circuíto é que os traballadores entendan conceptos fundamentais para o control do peso, inxesta de alcohol e técnicas de relaxación.

Os talleres versan sobre:

  • Biometría.
  • Alimentación.
  • Bebidas e alcohol.
  • Sudoku.
  • Relaxación.