Canceríxenos e REACH

Publicado o: 01/02/2017

O regulamento REACH aposto pola prevención da exposición a axentes canceríxenos. O uso das substancias clasificadas como canceríxenas será progresivamente sometido a autorización e restrición. A mellor medida de prevención é a súa substitución.

Publicado o: 27/12/2018

O Regulamento REACH é o gran marco para todas as substancias químicas en Europa, perigosas ou non. REACH establece o rexistro das substancias e os seus usos, a súa avaliación, autorización e / ou restrición.

En función do seu perigo, o seu uso pode requirir autorización, estar restrinxido ou incluso prohibido completamente.  

A información básica e os requisitos principais en materia de seguridade e saúde relativa ao uso de axentes químicos deben comunicarse ás empresas a través das fichas de datos de seguridade (FDS). As FDS son unha das fontes de información máis importantes sobre os produtos químicos. Os provedores deben facilitar ás persoas empresarias a información que necesitan para levar a cabo as avaliacións de risco, informar e instruír as persoas traballadoras e adoptar as medidas axeitadas para mitigar os riscos.

Para máis información ou dúbidas sobre substancias, REACH, CLP ou Biocidas consultar BÓTAA (Axencia Europea de produtos químicos):