Risco de exposición á calor

Publicado o: 21/06/2023

O noso organismo dispón dun sistema termorregulador que permite manter a temperatura corporal constante, utilizando mecanismos como a vasodilatación e a transpiración/sudoración para eliminar a calor que o noso corpo xera constantemente. A esta calor cómpre sumar a producida pola actividade física requirida no noso posto de traballo.

A exposición a temperaturas elevadas pode provocar que a resposta fisiolóxica de termorregulación sexa insuficiente, ocasionando estrés térmico por calor, que se non é corrixido, pode producir un “golpe de calor”, trastorno grave que require de asistencia médica urxente.  

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) ofrece espazos específicos sobre medidas de prevención para protexer a seguridade e saúde das persoas traballadoras nos traballos á intemperie e para os fenómenos meteorolóxicos adversos.