Lexislación sobre calor

Publicado o: 22/06/2023

Las condicións dos lugares de traballo están reguladas polo Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

No seu Anexo III establece que a exposición ás condicións ambientais dos lugares de traballo non debe supor un risco para a seguridade e a saúde dos traballadores e marca un intervalo de temperaturas en que debe estar o lugar de traballo, segundo a actividade que se realice. Nos locais de traballo pechado, para traballos sedentarios propios de oficina a temperatura debe estar entre 17ºC e 27ºC e para traballos lixeiros a temperatura debe estar entre 14ºC e 25ºC.

Traballos ao aire libre

Recentemente o RD 486/1997 foi modificando polo Real decreto-lei 4/2023, con medidas urxentes en resposta á seca e as condicións climatolóxicas que establece medidas de prevención de riscos laborais en episodios de elevadas temperaturas, incorporando especificacións para os lugares de traballo ao aire libre e nos locais de traballo que non poidan quedar cerrados.

En seu Disposición final primeira suprime o apartado 5 do anexo III do RD 486/1997 e introduce a Disposición adicional única "Condicións ambientais ao aire libre ", que establece que:

  • débese realizar a avaliación de riscos laborais, que deberá considerar ademais da temperatura, as características da tarefa e as características persoais.
  • as medidas preventivas que se deriven poden incluír a prohibición de realizar algunhas tarefas nas horas de máis calor. 
  • cando a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) ou as CCAA emitan avisos de nivel laranxa ou vermello e as medidas preventivas non sexan suficientes, será obrigatorio adaptar as condicións do PT reducindo ou modificando o horario.

Esta disposición adicional ampla a súa aplicación a todos os lugares de traballo, incluídos construción, transporte, agricultura, etc.