Prevención para autónomos

Publicado o: 12/01/2016

Mutua Universal considera a prevención con cargo a cotas, unha acción fundamental para mellorar a saúde e seguridade no traballo dos autónomos. Por iso pomos a disposición de todos os traballadores autónomos que teñan cuberta a continxencia profesional, documentación e ferramentas que poidan ser unha axuda na súa actividade diaria.

Asesoramento en prevención

  • Asesoramento para a utilización da ferramenta Prevención10/Prevención 25: instrumento elaborado polo INSHT que ten por obxectivo a orientación técnica e o asesoramento en prevención de riscos laborais para a pequena empresa e traballadores autónomos. Ferramenta para axudar os empresarios e autónomos a saber que deben facer para cumprir coa Lei de prevención de riscos laborais.
  • Asesoramento permanente en prevención de riscos laborais.

Coordinación de actividades preventivas

A lexislación española en materia de prevención establece que, cando un traballador autónomo coincide nun centro de traballo con outros traballadores autónomos ou con traballadores dalgunha empresa, está obrigado a cumprir unha serie de requisitos que permitan unha axeitada coordinación das actividades que se desenvolven nese centro de traballo, para evitar situacións de risco que poidan dar lugar a accidentes.


Ferramentas en prevención

Mutua Universal pon á súa disposición unha serie de ferramentas para a xestión da prevención de riscos laborais que inclúen formación en liña, autoavaliacións do cumprimento da normativa de prevención, documentación e publicacións, así como xornadas de orientación técnica tanto presenciais como en formato webinar.