Mellora da xestión das baixas temporais

Publicado o: 15/12/2015

O coñecemento das necesidades das empresas por parte dos interlocutores e a xestión de indicadores de sinistralidade permiten aplicar plans de mellora na xestión da Incapacidade Temporal, dirixidos especificamente a empresas con elevados índices de sinistralidade.

Plans de mellora na xestión da incapacidade temporal (IT)

Plans dirixidos a empresas que precisen de actuacións específicas, tanto pola súa elevada sinistralidade como por necesidades propias do seu sector de actividade, desenvólvense plans de mellora da xestión da IT, cos seguintes obxectivos:

  • Avaliar a situación actual da IT na empresa, a través de indicadores de xestión e económicos elaborados internamente
  • Propor medidas para sensibilizar os traballadores para unha maior implicación na xestión da IT
  • Conseguir un compromiso mutuo na mellora da Incapacidade Temporal con seguimento periódico
  • Diminuír a porcentaxe de IT.

 Estes plans aplícanse mediante un traballo conxunto entre Mutua Universal e a empresa, con responsables encargados do seguimento de parámetros clave, a análise de datos para planificar accións e a revisión e control da evolución.


Protocolos de actuación

En caso de incapacidade temporal por Continxencia Común

  1. Contacto inmediato
    Ao ter coñecemento da baixa, un equipo de sanitarios realiza un contacto telefónico co traballador para obter unha primeira avaliación do caso

  2. Personalización da actuación
    planifícanse un conxunto de actuacións co obxectivo de optimizar o proceso de recuperación do traballador, en función de se require ou non visita médica, ou a realización de probas diagnósticas

  3. Protocolos específicos
    Aplicamos protocolos sanitarios específicos para un grupo patolóxico; particularmente, achegamos unha gran experiencia sanitaria e de xestión nos casos de traumatoloxía

  4. Seguimento de cada caso
    Revisión periódica para valorar a súa evolución e tomar novas decisións, se é preciso.

En caso de accidente de traballo …

  1. Aplicación do modelo de saúde integral
    Os nosos centros asistenciais realizan a xestión completa do caso, desde o seu diagnóstico ata a alta médica. O médico do centro asistencial actúa de titor de todo o proceso, coordinando os profesionais e recursos que sexan precisos

  2. Comunicación coa empresa e o traballador
    Relación constante e fluída relación coa empresa e o traballador, para axilizar os procesos administrativos e asistenciais respectando a confidencialidade conforme á LOPD