Internacionalización de empresas

Publicado o: 15/02/2016

1. Aspectos xerais de prevención de riscos laborais das persoas traballadoras desprazadas

Antes de desprazar a persoas traballadoras fóra de España, é preciso ter en conta determinados aspectos, como as obrigas legais en materia de lexislación aplicable, sistema de Seguridade Social, prevención de riscos laborais, vixilancia da saúde e aspectos relacionados.


2. Preparación e xestións administrativas previas ao desprazamento de traballadores/as

Na nosa sección de "Atención a mutualistas" realizamos un detalle das xestións e documentación a completar antes de desprazar a unha persoa traballadora.


3. Aplicación de precaucións sanitarias para protexer a saúde das persoas traballadoras desprazadas fóra de España

Pomos á túa disposición o compendio Viaxeiro/a Universal, onde poderás informarche sobre as precaucións sanitarias que deben aplicar as persoas traballadoras que se desprazan ao estranxeiro, en función dos riscos e condicións que poidan encontrarse noutros países.


4. En caso de accidente...

En caso de accidente fóra de España, pomos á túa disposición a Liña Universal 900 203 203. Desde o estranxeiro 00 34 93 412 33 67.