Accidente de traballo e enfermidade profesional

Publicado o: 20/01/2016

A cobertura do risco de Continxencias profesionais é voluntaria, agás para determinados colectivos de autónomos, como por exemplo:

  • Traballadores economicamente dependentes (TRADE)
  • Traballadores que realicen actividades con alto risco de sinistralidade.

Debe formalizarse cunha mutua colaboradora coa Seguridade Social

  • Prestación sanitaria e económica da incapacidade temporal por AT/EP: A partir do día seguinte á baixa médica o traballador percibe o 75% da súa BR.
  • Incapacidade permanente (total, absoluta, grande invalidez): A mutua capitaliza a prestación e entrégalla á Seguridade Social que pagará aos beneficiarios.
  • Lesións permanentes non invalidantes e incapacidade permanente parcial: Aboamento directo ao beneficiario da indemnización correspondente.
  • Prestacións por morte e supervivencia: auxilio por defunción, viuvez, orfandade…