Teño obriga de comunicar calquera cambio na miña situación persoal e laboral?
Si. A persoa beneficiaria está obrigada a comunicar calquera circunstancia que poida afectar ao recoñecemento, mantemento, contía, suspensión ou extinción da prestación.
Entre outras, deberán comunicarse as seguintes situacións:
- O inicio dunha situación de incapacidade temporal (IT).
- Os períodos de nacemento e coidado de menor.
- As situacións de risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural.
- Calquera modificación da porcentaxe de redución de xornada.
- Os cambios na situación familiar ou de convivencia, incluídos os supostos de separación, divorcio, nulidade matrimonial ou extinción da parella de feito.
- O matrimonio ou a constitución de parella de feito da persoa causante.
- O recoñecemento, modificación ou perda dos graos de discapacidade ou dependencia que poidan afectar ao dereito á prestación.
- O inicio ou cesamento da actividade laboral de calquera das persoas proxenitoras, gardadoras, acolledoras ou das persoas que teñan recoñecida a condición de beneficiarias.
- Calquera outra circunstancia que poida dar lugar á suspensión ou extinción da prestación.
