Quero presentar a miña solicitude do Bonus

A aplicación do sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais para as cotizacións do 2019, 2020 e 2021 encóntrase suspendida temporalmente.

Segundo a Disp. Adicional centésima vixésimo sétima da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021, indica:

"Suspéndese a aplicación do sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral, prevista no Real decreto 231/2017, do 10 de marzo, para as cotizacións que se xeren durante o ano 2021. Esta suspensión estenderase ata que o Goberno proceda á reforma do citado Real decreto, que deberá producirse ao longo do ano 2021"

Segundo art. 7.8 do Real decreto 18/2019 do 27 de decembro, indica:

"Suspéndese a aplicación do sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral, previsto no Real decreto 231/2017, do 10 de marzo, para as cotizacións que se xeren durante o ano 2020."

Segundo Disposición adicional terceira do Real decreto-lei 28/2018 do 28 de decembro, indica:

"Suspéndese a aplicación do sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral, prevista no Real decreto 231/2017 do 10 de marzo, para as cotizacións que se xeren durante o ano 2019. Esta suspensión estenderase ata que o Goberno proceda á reforma do citado real decreto, que deberá producirse ao longo do ano 2019".

Ante calquera novidade informaremos puntualmente.

Que é o Bonus:

É un sistema de incentivos para as empresas que contribuísen eficazmente, con investimentos cuantificables á redución da sinistralidade laboral e realizasen actuacións efectivas na prevención dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, tal e como regula o Real decreto 231/2017de 10 de marzo e a Orde ESS/256/2018 do 12 de marzo, publicados no BOE do 24 de marzo de 2017 e do 17 de marzo de 2018 respectivamente.


Encontrarás toda a información que poidas necesitar en: