Quero presentar a miña solicitude do Bonus 2019

AVISO: Segundo Disposición adicional terceira do Real decreto - lei 28/2018 do 28 de decembro, indica: “Suspéndese a aplicación do sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral, prevista no Real decreto 231/2017 do 10 de marzo, para as cotizacións que se xeren durante o ano 2019. Esta suspensión estenderase ata que o Goberno proceda á reforma do citado real decreto, que deberá producirse ao longo do ano 2019”.

 

En abril iníciase o período para que as empresas asociadas poidan presentar as solicitudes dos incentivos contemplados polo Real decreto 231/2017 (BONUS) para o período de observación 2019 e anos anteriores, que finalizará o 31 de maio.

Se é a primeira vez que vas solicitar o Bonus deberías saber que:

É un sistema de incentivos para as empresas que contribuísen eficazmente, con investimentos cuantificables á redución da sinistralidade laboral e realizasen actuacións efectivas na prevención dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, tal e como regula o Real decreto 231/2017de 10 de marzo e a Orde ESS/256/2018 do 12 de marzo, publicados no BOE do 24 de marzo de 2017 e do 17 de marzo de 2018 respectivamente.


Encontrarás toda a información que poidas necesitar en: