Retribucións de altos cargos e indemnizacións

Publicado o: 09/12/2015

De conformidade co que se dispón no artigo 3 da Orde TIN/246/2010, do 4 de febreiro, anualmente a Xunta Directiva debe adoptar o oportuno acordo relativo á contía das compensacións por asistencia ás reunións do Órgano de goberno e a Comisión de Prestacións Especiais, as cales se incrementarán ao comezo de cada exercicio, como máximo, no Índice Prezos de Consumo (IPC).

Para o ano 2024 son de aplicación os seguintes importes:

  • Xunta directiva: 871,81€
  • Comisión de prestacións especiais: 724,70€

De conformidade co que se dispón na Orde 2/8/1995 e Resolución do 14 de novembro de 1995, anualmente a Xunta Directiva debe adoptar o oportuno acordo relativo á contía das compensacións por asistencia ás reunións da Comisión de Control e Seguimento, as cales se incrementarán ao comezo de cada exercicio, como máximo, no Índice Prezos de Consumo (IPC). Para o ano 2024 é de aplicación o seguinte importe:

  • Comisión de Control e Seguimento: 682,02 euros

A retribución do director xerente no ano 2023 foi de 114.969,24 euros en concepto de retribución básica e 68.951,52 euros en concepto de retribución complementaria.

Durante o exercicio 2023 non se satisfixo ningunha indemnización.

*Información actualizada en abril 2024

Estatutos de Mutua Universal

Descargar