Funcións e normativa de aplicación

Publicado o: 09/12/2015

Mutua Universal Mugenat, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 10, é unha asociación voluntaria de empresas que, sen ánimo de lucro, se constitúe legalmente coa responsabilidade mancomunada das empresas asociadas, como colaboradora da Seguridade Social.

Marco legal

Esta colaboración queda definida no Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (TRLXSS) incorporando as modificacións establecidas pola disposición adicional décimo cuarta da Lei 4/1990, do 29 de xuño, de orzamentos do Estado para 1990, na disposición adicional undécima da Lei 22/1993, do 29 de decembro, e a Lei 42/1994, do 30 de decembro. Con posterioridade o Regulamento sobre colaboración das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 1993/1995, do 7 de decembro, regula a constitución e actuación das devanditas colaboradoras.

O dito TRLXSS foi modificado pola Lei 35/2014 do 26 de decembro, que modificou o réxime xurídico das anteriormente denominadas “mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social”.


Normativa de aplicación

  • Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de Sanidade.
  • Real decreto 1221/1992, do 9 de outubro, sobre o patrimonio da Seguridade Social.
  • Real decreto 1993/1995, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre colaboración das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.
  • Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
  • Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.
  • Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria.
  • Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.
  • Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Real decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.
  • Lei 34/2014, do 26 de decembro, de medidas en materia de liquidación e ingreso de cotas da Seguridade Social.
  • Resolución do 18 de marzo de 2015, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se ditan instrucións en relación co ingreso na Tesourería Xeral da Seguridade Social, polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, dos excesos de reservas e dos excedentes de xestión.
  • Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño, pola que se desenvolve o Real decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración.
  • Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.
  • Real decreto 1299/2006, de 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro.
  • Real decreto 257/2018, de 4 de maio, polo que se modifica o Real decreto 1299/2006, de 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro
  • Orde ESS/1554/2016, do 29 de setembro, pola que se regula o procedemento para o rexistro e publicación das memorias de responsabilidade social e de sostibilidade das empresas, organizacións e administracións públicas.
  • Resolución de 14/01/16, Secretaría Estado Seguridade Social, aproban o Pliego xeral para a contratación e as Instrucións xerais de aplicación en relación cos procedementos de contratación da mutua.
  • Real decreto 954/2015, do 23 de outubro, polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte dos enfermeiros.
  • Resolución de 9 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, pola que se establecen os termos para a aplicación ás mutuas colaboradoras coa Seguridade Social dos coeficientes para a xestión da prestación económica de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns dos traballadores por conta allea das empresas asociadas.
  • Lei 6/2018, de 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018. Ollo pendente LOXE 2019.
  • Real decreto 231/2017, do 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.
  • Orde ESS/256/2018, de 12 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 231/2017, de 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.
  • Real decreto 404/2010, do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinistralidade laboral.

 

Estatutos de Mutua Universal

Descargar