Mutua Universal en cifras

Publicado o: 18/02/2016

Coñece neste vídeo as principais magnitudes que definen Mutua Universal, así como todos os fitos e datos destacados da xestión da Entidade actualizada a peche do exercicio correspondente ao ano 2018.

Durante este período Mutua Universal obtivo uns ingresos por cotizacións sociais de 1.076 millóns de euros, cun incremento do 9,72 %con respecto a 2017. O resultado positivo a distribuír ascende a 44 millóns de euros.

A cifra de traballadores protexidos e adheridos sitúase en 1.464.701, un 5,2% máis que en 2017, e o número de empresas asociadas é de 165.678, cun aumento do 3,4 %con relación ao exercicio anterior.

Os centros de asistencia de Mutua Universal recibiron 1,2 millóns de visitas e realizáronse 592.555 sesións de rehabilitación (+4,7%).