Que é a hipoglicemia?
Lee o contido completo en Infermeravirtual.com
Hipoglicemia

Unha hipoglicemia é unha baixada do nivel de glicosa no sangue por debaixo dos niveis tolerados por cada persoa. Ante os primeiros signos, toda hipoglicemia tén quese tratar con hidratos de carbono simple, é dicir, azucre, zumes, ou bebidas azucradas.
A cantidade que hai que tomar é de 15 g de hidratos de carbono simple e iso equivale a:
- Un vaso de zume envasado (150 ml)
- Un vaso de limoada, laranxada ou Coca-Cola (150 ml). Estas bebidas teñen que ser con azucre; polo tanto, non teñen que ser light, “zero”, ou sen azucre (sugar free).
- Tres terróns de azucre, ou 2 sobres de azucre, ou 1,5 cullerada sopeira de azucre. O mellor é disolver o azucre en auga, pero se non pode ser, a persoa se o pode pór directamente na boca.
Se despois de 10-15 minutos os signos de hipoglicemia mantéñense, a persoa debe volver tomar a mesma cantidade de hidratos de carbono simple. A toma pódese repetir ata tres veces. Unha vez desaparecidos os signos e síntomas, débese medir a glicemia capilar para confirmar que se solucionou a hipoglicemia. Unha vez a persoa xa se encontra ben, ten que comer hidratos de carbono complexo, é dicir, pan, torradas, cereais, etc. A cantidade ten que ser de 20 g de hidratos de carbono complexo e iso equivale a:
- 40 g de pan con xamón
- 4 torradas con queixo
- 30 g de cereais integrais + 1 iogur
É importante ter en conta:
- Se a persoa perde a conciencia, non se lle debe dar nada pola boca, o tratamento ten que ser farmacolóxico, con glucagón (Glucagen Hypokit®: xiringa precargada que se pode picar en calquera parte do corpo).
- Se a hipoglicemia ten lugar antes dunha comida, non cómpre tomar o azucre ou o zume de froita, senón que se pode comezar a comida pola froita (hidratos de carbono simple), seguido da ración de hidratos de carbono complexo que se teña preparada (pasta, patacas, arroz, etc.) e, a continuación, o resto de alimentos (carne, peixe).
- Se se toma un antidiabético oral do grupo da acarbosa e o miglitol e tense unha hipoglicemia, para superara, débese tomar glicosa pura. A glicosa pura encóntrase na farmacia en forma de pastillas ou na Coca-Cola normal (nin light, nin “zero”, nin sugar free).
- Se a hipoglicemia aparece durante o exercicio físico, débese parar a actividade e tomar hidratos de carbono simple (por exemplo, 150 ml de zume ou 150 ml de bebida azucrada) e, despois, tomar hidratos de carbono complexo (como torradas con queixo ou cereais). É moi importante controlar as glicemias posteriores, xa que a hipoglicemia se podería reproducir.
- É moi importante ter en conta que a hipoglicemia inducida pola inxesta de bebidas alcohólicas non se recupera con glucagón e, ademais, saber que o glucagón é menos eficaz nas persoas tratadas con sulfonilureas.
- Se non se perde a conciencia, deberase tomar Coca-Cola ou pastillas de glicosa pura, que se encontran na farmacia.
- Se se perde a conciencia, deberase avisar ao servizo de emerxencias para que administre glicosa pura.
- Consellos de saúde: Diabete - factores e condutas de riscoConsellos de saúde: Antidiabéticos orais
Hiperglicemia e cetosis

No caso da diabete, a hiperglicemia débese a un exceso de hidratos de carbono na dieta ou a un déficit de insulina. Desde o punto de vista dietético, o tratamento que hai que seguir en cada caso será o seguinte:
Hiperglicemia por exceso de hidratos de carbono
Débese seguir estritamente o conxunto de recomendacións xerais que se dan para todas as persoas con diabete. Para normalizar as glicemias, débese respectar o número de comidas, o tipo e a cantidade de hidratos de carbono establecido e, se se toman medicamentos, débese seguir estritamente a pauta prescrita en cada caso.
Cetosis ou hiperglicemia por déficit de insulina
A cetosis pódese deber a:
-
Unha achega insuficiente de hidratos de carbono na dieta. Neste caso, é característico que a glicosa no sangue sexa baixa e a glucosuria (glicosa na urina) sexa negativa ou escasa, pero con cetonas positivas.
-
Un déficit de insulina. Neste caso, a cetosis acompáñase de glicosa no sangue elevado, glucosuria positiva e cetonas positivas.
O tratamento será diferente segundo a causa:
-
Se a cetosis débese a unha achega insuficiente de hidratos de carbono na dieta, resólvese tomando a cantidade necesaria que a persoa require, habitualmente mediante o incremento da froita.
-
Cando a cetosis acompáñase de glicemias elevadas e de glucosuria intensa, deberase modificar o tratamento da insulina, seguindo as pautas marcadas polo equipo de saúde, e establecer unha pauta especial de alimentación, durante un máximo de 48 horas, que consistirá en:
-
Eliminar as graxas (aceite, manteiga, froitos secos) e as proteínas (carne, peixe, ovos).
-
Incrementar a inxestión de líquidos mediante auga, caldos vexetais sen carne, infusións, zumes, etc. Unha proporción elevada de corpos cetónicos no sangue provoca moito malestar á persoa (náuseas, inapetencia, vómitos e dor abdominal); por iso se recomendable tomar líquido, xa que favorece a eliminación de corpos cetónicos e corrixe a perda de líquidos provocados pola hiperglicemia.
-
Tomar hidratos de carbono en catro comidas principais (4 racións de hidratos de carbono), despois da insulina, e catro comidas secundarias ou suplementos (1 ración de hidrato de carbono), unhas 3 horas despois da insulina. O tipo de hidratos de carbono recomendable neste réxime alimentario de 48 h son:
-
Nas comidas principais: pasta branca, sémola, arroz branco, patacas, tapioca, torradas e froita fervida ou ao forno, porque son de máis fácil dixestión. Pódense tomar zumes; o menos recomendable é o de laranxa, porque favorece as náuseas e os vómitos. Utilizar coccións suaves como fervidos, microondas ou forno.
-
Nas comidas secundarias: lácteos, é dicir, un vaso de leite desnatada ou 2 iogures naturais desnatados.
-
-