Prestación por cesamento de actividade para persoas traballadoras autónomas

Publicado o: 11/02/2016
Publicado o: 11/01/2019

Regula o sistema específico de protección para as persoas traballadoras autónomas, agrarias ou do mar que cesasen temporal ou definitivamente a súa actividade económica ou profesional.

Que condicións básicas tes que cumprir para acceder á prestación?

  • Cotizar como mínimo os 12 meses inmediatamente anteriores ao cesamento da actividade.
  • Cesar totalmente na túa actividade.
  • Non cumprir a idade legal de xubilación.
  • Estar ao corrente de pagamento de cotas á Seguridade Social.
  • Estar de alta no Servizo Público de Emprego.

En que consiste a prestación?

  • Prestación económica mensual igual ao 70 %do termo medio das 12 últimas cotizacións.
  • Formación e orientación laboral.

Cando poderás solicitar cobrar a prestación?

  • Perdas nun ano completo superiores ao 10% dos ingresos.
  • Execucións xudiciais ou administrativas para cobrar débedas, que sexan superiores ao 30 %dos ingresos do exercicio anterior.
  • Declaración xudicial de concurso que impida continuar actividade.
  • Forza maior.
  • Perda de licenza administrativa.
  • Violencia de xénero.
  • Divorcio ou acordo de separación matrimonial nos supostos de axuda familiar no negocio.

Se es TRADE (persoa traballadora autónoma economicamente dependente), cando poderás cobrar a prestación?

  • Terminación do contrato.
  • Incumprimento grave por parte do/a cliente/a.
  • Rescisión xustificada ou inxustificada por parte do/a cliente/a.
  • Por morte, incapacidade ou xubilación do/a cliente/a.

Durante canto tempo cobrarei a prestación?

  • Depende do tempo cotizado.
  • Para poder ter dereito a esta prestación as persoas traballadora autónoma deberá de haber cotizado un mínimo de entre 12 e 17 meses continuados e inmediatamente anteriores ao cesamento da actividade.