Prestación por cesamento de actividade para autónomos

Publicado o: 11/02/2016
Publicado o: 11/01/2019

Regula o sistema específico de protección para os traballadores autónomos, agrarios ou do mar que cesaren temporal ou definitivamente na súa actividade económica ou profesional.

Que condicións básicas tes que cumprir para acceder á prestación?

  • Cotizar como mínimo os 12 meses inmediatamente anteriores ao cesamento da actividade.
  • Cesar totalmente na túa actividade.
  • Non cumprir a idade legal de xubilación.
  • Estar ao corrente de pagamento de cotas á Seguridade Social.
  • Estar dado de alta no Servizo Público de Emprego.

En que consiste a prestación?

  • Prestación económica mensual igual ao 70 %do termo medio das 12 últimas cotizacións.
  • Formación e orientación laboral.

Cando poderás solicitar cobrar a prestación?

  • Perdas nun ano completo superiores ao 10% dos ingresos.
  • Execucións xudiciais ou administrativas para cobrar débedas, que sexan superiores ao 30 %dos ingresos do exercicio anterior.
  • Declaración xudicial de concurso que impida continuar actividade.
  • Forza maior.
  • Perda de licenza administrativa.
  • Violencia de xénero.
  • Divorcio ou acordo de separación matrimonial nos supostos de axuda familiar no negocio.

Se es TRADE (traballador autónomo economicamente dependente), cando poderás cobrar a prestación?

  • Terminación do contrato.
  • Incumprimento grave por parte do teu cliente.
  • Rescisión xustificada ou inxustificada por parte do teu cliente.
  • Por morte, incapacidade ou xubilación do teu cliente.

Durante canto tempo cobrarei a prestación?

  • Depende do tempo cotizado.
  • Para poder ter dereito a esta prestación o traballador autónomo deberá de haber cotizado un mínimo de entre 12 e 17 meses continuados e inmediatamente anteriores ao cesamento da actividade.