Rehabilitación cardíaca

Publicado o: 10/02/2016
Rehabilitación cardíaca

A rehabilitación cardíaca é un sistema terapéutico multifactorial que inclúe adestramento físico, educación, consellos sobre cambios de estilo de vida e modificación de condutas (con apoio psicolóxico).

En España, a cardiopatía isquémica é a primeira causa de morte (33%), que afecta especialmente os homes de entre 40 e 65 anos. No ámbito laboral, a enfermidade cardiovascular é a segunda causa de accidentes de traballo mortais en España.

A rehabilitación cardíaca mellora o prognóstico das persoas doentes coronarias e asóciase a unha diminución da mortalidade por cardiopatía isquémica do 20-30 %.


A rehabilitación cardíaca é un programa avanzado de alto impacto

Quen pode estar incluído neste programa?

As persoas afectadas por cardiopatías: tras anxioplastia +/- STENT por ángor, post IAM, poscirurxía cardíaca (coronaria-bypass, valvular, transplantados, outras) ou con insuficiencia cardíaca controlada.

Como valoramos e controlamos o risco?

Estratificamos o risco e realizamos unha valoración cardiolóxica con SPECT miocárdico esforzo/repouso e osteomuscular, nutricional e psicolóxica, encamiñadas a previr posibles complicacións durante a fase de exercicio.

Un equipo de especialistas multidisciplinar

  • Persoal de cardiólogía: realiza a estratificación de risco dos/as pacientes e lidera o equipo para responder a calquera consulta e incidencia.
  • Equipo médico internista: organiza todo o proceso e encárgase das charlas de educación sanitaria, control dos factores de risco e valoración biopsicosocial.
  • Persoal de fisioterapia: coordina os exercicios físicos personalizados para cada caso.
  • Persoal médico rehabilitador: responsable de deseñar a táboa de exercicios.
  • Equipo de enfermaría: realiza o control e educación sanitaria da persoa tratada.

Fases da rehabilitación cardíaca

FASE I (Aguda)

Iníciase co ingreso hospitalario.Favorecea mobilidade precoz das/os pacientes.

Informa, educa e ofrece apoio psicolóxico tanto á persoa traballadora tratada como ao seu medio familiar.

FASE II

Iníciase catro semanas despois da alta hospitalaria. Realízase unha valoración cardiolóxica e estratifícase o risco para analizar a capacidade de exercicio da persoa. Así mesmo, faise unha valoración psicolóxica e sociolaboral.

FASE III

Nesta fase non vixiada-que abarca toda a súa vida - con apoio do seu persoal médico de atención primaria ou o seu especialista, a persoa traballadora debe continuar facendo os programas de exercicio da fase II.


Continúa lendo sobre servizos e innovación:

Tapiz rodante antigravidade Alter-G

Queres saber máis sobre os nosos servizos?