Cinta rodante antigravidade Alter-G
É unha ferramenta médica que permite un control total do peso corporal soportado polas pernas mediante o uso de aire nunha cámara de presión controlada que ergue suavemente aos/as pacientes.
Grazas á súa precisa calibración permite unha redución do peso corporal entre un 100% e 20%, con incrementos de 1%, o que ningún outro sistema de redución de peso é capaz de acadar.
Rehabilitación revolucionaria
A diferenza da rehabilitación tradicional (terapia en auga), que non pode cuantificar a redución de peso aplicada e cando a persoa sae da auga, as súas pernas teñen que soportar un cambio de peso moi brusco sen posibilidade algunha dun aumento progresivo, o tapiz anti rodante Alter-G ofrece total liberdade de movementos das extremidades inferiores e da parte superior do tronco, polo que a sensación de correr é totalmente real, e doutra banda, en lesións con estabilidade e equilibrio comprometido, a persoa tratada percibe unha alta sensación de seguridade, o que repercute na redución do risco de caída.
Indicacións
- Rehabilitación de lesións nas extremidades inferiores (fracturas, postoperatoria afectación meniscal, ligamentoso e catilaxinoso, edemas óseos, síndrome rexional complexo, etc.).
- Tratamento de lesións neurolóxicas (ACV, lesión medular, pacientes neuromusculares con musculatura feble, prevención de caídas por problemas de estabilidade, entre outros).
- Patoloxía lumbar (fracturas vertebrais, hernia discal, osteoporose, etc.).
- Mantemento xeral para loitar contra as enfermidades na terceira idade.
Obxectivos
- Permite a protección dos tecidos danados.
- Aumenta o rango de movemento.
- Inicio máis rápido da actividade física da persoa.
- Anima a un retorno máis rápido do control motor.
Continúa lendo sobre servizos e innovación:
Atención telefónica 24/365. Liña UniversalQueres saber máis sobre os nosos servizos?