Rehabilitación cardíaca
A rehabilitación cardíaca é un sistema terapéutico multifactorial que inclúe adestramento físico, educación, consellos sobre cambios de estilo de vida e modificación de condutas (con apoio psicolóxico).
En España, a cardiopatía isquémica é a primeira causa de morte (33%), que afecta especialmente os homes de entre 40 e 65 anos. No ámbito laboral, a enfermidade cardiovascular é a segunda causa de accidentes de traballo mortais en España.
A rehabilitación cardíaca mellora o prognóstico das persoas doentes coronarias e asóciase a unha diminución da mortalidade por cardiopatía isquémica do 20-30 %.
A rehabilitación cardíaca é un programa avanzado de alto impacto
Quen pode estar incluído neste programa?
As persoas afectadas por cardiopatías: tras anxioplastia +/- STENT por ángor, post IAM, poscirurxía cardíaca (coronaria-bypass, valvular, transplantados, outras) ou con insuficiencia cardíaca controlada.
Como valoramos e controlamos o risco?
Estratificamos o risco e realizamos unha valoración cardiolóxica con SPECT miocárdico esforzo/repouso e osteomuscular, nutricional e psicolóxica, encamiñadas a previr posibles complicacións durante a fase de exercicio.
Un equipo de especialistas multidisciplinar
- Persoal de cardiólogía: realiza a estratificación de risco dos/as pacientes e lidera o equipo para responder a calquera consulta e incidencia.
- Equipo médico internista: organiza todo o proceso e encárgase das charlas de educación sanitaria, control dos factores de risco e valoración biopsicosocial.
- Persoal de fisioterapia: coordina os exercicios físicos personalizados para cada caso.
- Persoal médico rehabilitador: responsable de deseñar a táboa de exercicios.
- Equipo de enfermaría: realiza o control e educación sanitaria da persoa tratada.
Fases da rehabilitación cardíaca
FASE I (Aguda)
Iníciase co ingreso hospitalario.Favorecea mobilidade precoz das/os pacientes.
Informa, educa e ofrece apoio psicolóxico tanto á persoa traballadora tratada como ao seu medio familiar.
FASE II
Iníciase catro semanas despois da alta hospitalaria. Realízase unha valoración cardiolóxica e estratifícase o risco para analizar a capacidade de exercicio da persoa. Así mesmo, faise unha valoración psicolóxica e sociolaboral.
FASE III
Nesta fase non vixiada-que abarca toda a súa vida - con apoio do seu persoal médico de atención primaria ou o seu especialista, a persoa traballadora debe continuar facendo os programas de exercicio da fase II.
Continúa lendo sobre servizos e innovación:
Tapiz rodante antigravidade Alter-GQueres saber máis sobre os nosos servizos?