"

Modelo de xestión centralizada, por procesos e de calidade

Publicado o: 09/02/2016
Paciente de Mutua Universal en sala de rehabilitación

Modelo de saúde integral

Ademais de garantir unha asistencia universal e de calidade, o noso modelo de atención médica axuda a diminuír a repercusión das baixas laborais na empresa mediante a redución das xestións administrativas (menos tempo e menos papelorio). É o noso principal valor diferencial en relación co modelo sanitario tradicional.


Persoal médico titor

O noso persoal médico titor tutela todo o proceso de baixa médica, o que asegura a máxima tranquilidade á persoa protexida e permite que a empresa conte con información actualizada para minimizar o impacto da baixa.

Centraliza a xestión de todos os trámites e a comunicación coa empresa e a propia persoa traballadora. Fronte ao modelo tradicional, centrado na xestión por tratamentos, a xestión por procesos permite unha incorporación máis rápida do paciente e facilita á empresa a xestión dos seus recursos humanos.

Esquema do modelo de persoal médico titor de Mutua Universal
O médico titor centraliza a xestión de todos os trámites

Calidade asistencial

O/a paciente dispón do noso persoal médico, que lle acompaña durante todo o proceso asistencial, coordina tratamentos, ocúpase de concertar as visitas coas persoas especialistas e axiliza a realización de probas diagnósticas.

Mediante a Historia Clínica En liña, a información médica de paciente está centralizada e accesible desde calquera punto xeográfico.

Para atender a rehabilitación, unha das fases críticas do proceso asistencial, os nosos centros están dotados de equipos avanzados e profesionais con ampla experiencia e formación que contan, ademais, co soporte de profesionais médicos/as de rehabilitación de referencia.

Para garantir unha óptima atención sanitaria e ofrecer o maior apoio e axuda a quen o necesita, implantamos en todos os centros o Servizo de Interpretación e Tradución de documentos en 120 idiomas.

  • Tradución-interpretación da visita médica.
  • Tradución con desprazamento de intérprete.
  • Tradución de documentos mediante un arquivo que se abre cunha clave para o cumprimento do RGPD.
  • Dispoñibilidade en 120 idiomas.

A certificación UNE-EN ISO 9001:2015, outorgada por Bureau Veritas, recoñece a calidade da nosa asistencia sanitaria primaria.



Modelo por procesos


Montserrat Sánchez, coordinadora médica en Mutua Universal

Modelo tradicional: xestión de tratamentos

Estrutúrase en especialidades que se xestionan de forma independente: asegura un nivel axeitado de recursos e calidade asistencial pero dificulta a interrelación entre especialistas e diversifica as canles de información. En consecuencia, os tempos dilátanse e non permite unha planificación real de recursos para o persoal responsable de RRHH.

Modelo orientado unicamente á satisfacción dos/as pacientes: non facilita ás empresas a planificación dos RRHH.

Modelo Mutua Universal: xestión de procesos

Baséase na xestión de procesos e o desenvolvemento dun sistema de información integrado que axudan a converter a medicina nunha ferramenta de xestión para a empresa. Os servizos complementan a satisfacción dos/as pacientes cunha xestión eficiente que contribúe a incrementar a produtividade e reducir a carga administrativa.


A satisfacción dos/a paciente compleméntase cunha xestión eficiente con beneficios para a empresa.

Queres saber máis sobre os nosos servizos?