Modelo de gobernanza da IA
A entidade conta cun completo modelo de gobernanza da intelixencia artificial, un marco organizativo, normativo e operativo integrado no Sistema Corporativo de Intelixencia Artificial da organización, que impulsa o uso desta tecnoloxía baixo criterios de seguridade, ética, transparencia e cumprimento normativo.
O modelo de gobernanza da intelixencia artificial da mutua, que permite supervisar todo o ciclo de vida das solucións de IA, desde a identificación e a avaliación dos casos de uso ata a súa implantación, monitorización e seguimento continuo, apóiase nunha política corporativa de intelixencia artificial aliñada co Regulamento europeo de IA, a normativa de protección de datos, o Esquema Nacional de Seguridade e as políticas internas de seguridade e cumprimento da Mutua Universal.

