Previr os riscos

Publicado o: 04/05/2020

Aínda que a persoa traballadora non se encontre nas instalacións da súa empresa, as condicións de traballo seguen sendo responsabilidade da persna empresaria. Por este motivo, é a empresa quen define como teñen que ser estas condicións. Cada persoa teletraballadora ten que velar por que estas condicións se respecten.

As condicións de traballo inclúen: os lugares de traballo, as instalacións e os factores ambientais, os equipos, o deseño ergonómico, o deseño das tarefas e os factores de tipo psicosocial.