SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE 2024

Publicado o: 31/08/2018

A Semana Europea da Mobilidade (SEM), que se celebra desde o ano 2000 co apoio da Comisión Europea, é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como á cidadanía, sobre os beneficios tanto para a saúde pública coma para o medio natural asociados ao uso de xeitos de transporte máis sostibles, en particular o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé.

Como cada ano, Mutua Universal únese ao impulso desta iniciativa, que ten o “Espazo público compartido” como tema elixido pola Comisión Europea para a campaña de 2024, mentres que o lema segue sendo:

"Combina e moveche!"


O principal destinatario da campaña de 2024 son as administracións públicas de ámbito local, como competentes na organización e xestión do espazo público das zonas urbanas, e própónse cos seguintes obxectivos:

  • Mellorar a calidade de vida nas cidades e promover infraestruturas orientadas ás persoas.
  • Complementar outras iniciativas da UE, como REPower EU e o Pacto Verde Europeo.
  • Facilitar o uso de xeitos de transporte máis limpos e promover un cambio de hábitos ofrecendo infraestruturas, redes, condicións e destinos axeitados que favorezan a mobilidade activa e o transporte público. 

Mutua Universal, no seu compromiso por unha mobilidade Segura, Sostible e Saudable baseada na promoción dos desprazamentos en bicicleta e a pé, apoia de maneira decidida toda iniciativa para favorecer a convivencia segura das distintas formas de mobilidade no espazo público.