"

Factores de risco. Como previr a exposición

Publicado o: 13/08/2020

Os factores de risco cos que se relacionan os trastornos músculo-esqueléticos son fundamentalmente: a exposición a movementos repetitivos, a posturas forzadas (estáticas ou dinámicas) e a manipulación manual de cargas, elementos, todos eles, habituais nos postos de traballo.

Ademais, factores organizativos, psicosociais e individuais poden contribuír ao seu desenvolvemento.

Por iso, resulta imprescindible tomar medidas para aumentar a sensibilización sobre como evitar e/ou minimizar o impacto dos trastornos músculo-esqueléticos.