Que éstános pasando?
Estámosnos adaptando a unha situación excepcional e temporal

Publicado o: 16/03/2020

Nunha situación de ameaza e de illamento, sentir desconcerto, medo, tristura e inclusa rabia é normal. É unha resposta natural de defensa que activa o noso organismo que nos axuda a respectar as medidas de protección e a ser precavidos. Todas estas emocións, normais, poden ser ineficaces cando se viven de maneira moi intensa ou recorrente e non axudan a afrontar a situación, pois o noso corpo desordénase e xera un malestar emocional que non é adaptativo.

En situacións de crise ou emerxencia o cambio que se produce, máis ou menos importante, altera os nosos hábitos e rutinas. Isto xera desorientación no noso cerebro, a un tempo que necesidade de recuperar a estabilidade e rutina canto antes.


Podemos axudarlle organizando pequenas actividades diarias en espera de recuperar a normalidade. Isto permitiralle aferrarse ao coñecido, seguro e predicible de novo.

Se enfocamos a situación con flexibilidade e tendo presente que estamos adaptandonos, sen esixir nin esixirnos en exceso (incluso utilizando ás veces o sentido do humor), poderemos pasar dunha reacción de defensa a un estado de cooperación que fortalece o autocontrol. 

Para iso temos que xerar boas rutinas de autocoidado e coidar as nosas relacións sociais xa que son as nosas propias fortalezas.