Autorecoñecemento COVID-19

Medidas preventivas xerais nos centros de traballo por risco de COVID-19

Cubrir este formulario (Empresa) permitiralle coñecer a situación das medidas preventivas xerais COVID-19 na súa empresa, de maneira que lle facilite a toma de decisións e planificación destas.


Medidas organizativas internas

1. Creación dun grupo de traballo para coordinar a continxencia ou designación dun encargado de continxencia

Recomendación: Se o tamaño ou a actividade non dan para crear un grupo, designarase a unha persoa de relevancia na empresa: Propietario ou xerente

2. Elaboración dun Plan de Continxencia escrito se as características da empresa aconséllano

Recomendación: Se o tamaño da empresa ou a súa actividade non fano necesario, daranse instrucións verbais, pero é importante que se elaboren carteis recordatorios do máis importante

3. Consulta cos delegados de Prevención ou os representantes dos traballadores (Comité de SS se o hai)

Recomendación: Se non hai representantes sería conveniente que o empresario consulte directamente cos traballadores

4. Identificación e seguimento de fontes de información fiable

Recomendación: www.mutuauniversal.es

5. Análise e clasificación de postos de traballo segundo risco

Recomendación: Ver formulario de valoración de postos

6. Reorganización da produción por posto de traballo, simplificando procesos

Recomendación: Criterios de distanciamento a máis de 1,5m e minimizando o intercambio de obxectos

7. Elaboración de normas para os traballadores. Específicas para cada posto se cómpre

Recomendación: Escritas para cada traballador ou colocadas nos postos, como carteis visibles para todos. Criterios de distanciamento a máis de 1,5m e sen intercambio de obxectos

8. Organización de quendas. Graduamento de entradas e saídas

Recomendación: Segundo como háxase reorganizado a produción. Criterio de distanciamento a máis de 1,5m

9. Información detallada aos traballadores das medidas de continxencia que deben adoptar, incluído un autorrecoñecemento diario antes de saír da casa sobre os seus posibles síntomas

Recomendación: É recomendable indicar aos traballadores que se autoexaminen cada día antes de saír da casa e, en caso de ter algún síntoma relacionado coa Covid-19, que o comuniquen á empresa

10. Previsión de EPI ou outros medios e organización de provisións e reservas para todos

Recomendación: Hai que valorar a posibilidade técnica e económica de instalar sistemas de protección colectiva antes que o uso xeneralizado de EPIs. O uso de EPIs pódese sinalizar con carteis de Mutua Universal

11. Organización da circulación polo centro, mantendo a distancia de máis 1,5 m: corredores, escaleiras

Recomendación: Sinalizar claramente o centro con mensaxes claras e concretas

12. Organización do uso de zonas comúns: vestiarios, lavabos, salas de reunións ou espera, comedores, respectando as restricións de capacidade

Recomendación: Sinalizar as zonas de paso, marcando camiños de entrada e saída, respectando as restricións de capacidade, tendo en conta a ventilación e as distancias interpersoais

13. Organización de medidas en almacéns, tanto de materias primas como de produtos acabados

Recomendación: Se é posible, deixar os obxectos en repouso durante 72 horas. Se non, desinfectar

14. Organización dos medios de limpeza, tanto xeral como de almacéns e postos de traballo

Recomendación: Determinar o tipo de produtos que se usarán en cada caso. Coidado coas mesturas de produtos químicos! Hai que dar instrucións concretas dos produtos a utilizar en cada caso (solución de auga e lixivia, produtos tensiactivos, solución hidroalcohólica)

15. Organización dos medios para a ventilación das diferentes zonas do centro de traballo: procedemento de activación, control e mantemento.

Recomendación: Todas as zonas deben ter un bo nivel de renovación de aire (12,5 litros/persoa/segundo), ben por medios naturais (portas e xanelas sen crear grandes correntes) ou ben por medios artificiais (pódese comprobar o nivel de renovación do aire mediante o nivel de CO₂ do ambiente). Outras medidas complementarias: reducir o nivel de ocupación e/ou tempo de permanencia. Ventilación e COVID-19

16. Organización e instrucións aos traballadores para a xestión de residuos

Recomendación: Establecer medios de recollida en puntos estratéxicos ben identificado

17. Procedemento de actuación para o caso de que un traballador presente síntomas no traballo

Recomendación: Coñecer e seguir o sistema de actuación establecido na súa comunidade autónoma. Coordinarse co Servizo de Prevención

18. Facilitar aos traballadores unha autorización para acudir ao traballo (Modelo Declaración responsable) cando cumpra

Recomendación: Declaración de necesidade desprazamento por motivos laborais asinados e selados pola empresa

19. Seguimento do estado de saúde do persoal a través de encargados

Recomendación: Establecer os medios para comunicaro

Medidas técnicas

20. Limpeza de mans ao entrar ao cetro de traballo

Recomendación: Preferentemente lavado de mans con auga e xabón e, se é o caso, solución hidroalcohólica

21. Desinfección de calzado ao entrar ao centro de traballo, se se vai a tocar con frecuencia o solo coas mans ou obxectos que estean no chan

Recomendación: Colocar almofadiñas desinfectantes nas entradas do centro

22. Desinfección de obxectos de paquetaría e similares que cheguen ao centro

Recomendación: Todo o que chega de fóra, se non ten garantías de desinfección, debe ser depositado durante 72 horas ou ser desinfectado antes de tero que manipular

23. Limpeza e desinfección periódica durante a xornada de superficies e equipos

Recomendación: Solos con lixivia diluída. Superficies e equipos co produto que sexa máis axeitado a cada superficie

24. Limpeza e desinfección de almacéns. Depositar obxectos e non tocar durante 72 horas. Se non é posible, desinfectar

Recomendación: Solos con lixivia diluída. Superficies e equipos co produto que sexa máis axeitado a cada superficie

25. Ventilación do centro o máximo que sexa posible

Recomendación: Ventilar as diferentes zonas sen crear grandes correntes de aire, incrementar as renovacións de aire do sistema de climatización. Garantir 12,5 litros/persoa/segundo ou, se non é posible, reducir capacidade

26. Limpeza e desinfección do centro ao finalizar a xornada

Recomendación: Programar as actuacións de limpeza

27. Ferramentas para cada traballador onde sexa posible

Recomendación: Se non é posible hai que establecer un procedemento para a limpeza por cada traballador ao iniciar e finalizar o seu uso. É conveniente que as ferramentas individuais vaian marcadas

28. EPIs básicos para cada traballador: Máscara e / ou lentes, luvas. Sinalización clara dos EPIs a usar en cada posto

Recomendación: O tipo de máscara defínese en función do nivel de risco do posto, que pode ser complementada con lentes ou pantalla facial. É imprescindible o lavado frecuente de mans e superficies (cada vez que haxa un cambio zona, superficies de contacto común, etc.

29. Vixilancia do cumprimento de medidas por parte cada encargado no posto de traballo que dependen del

Recomendación: Débese esixir un máximo de atención ao cumprimento de medidas e tamén á proposta de melloras cando se observe que algunha non funciona correctamente

30. Limpeza de mans ao saír do centro

Recomendación: Con auga e xabón ou, no seu defecto, xel hidroalcohólico

Medidas de coordinación con outras empresas

31. Identificación de empresas e persoas externas que acoden ao centro de traballo habitualmente

Recomendación: Só as imprescindibles para o funcionamento da empresa

32. Redución de presenza ao mínimo imprescindible de traballadores externos, tanto de persoas coma de tempos

Recomendación: As persoas externas (traballadores e visitantes) que non sexan imprescindibles o centro de traballo non deben entrar no mesmo. Deben ser avisadas para que non acudan ou, se o fan, ser recibidos nunha zona de recepción e durante o menor tempo posible

33. Preparación de medidas e medios para recibir persoas externas

Recomendación: As persoas externas (traballadores e visitantes) que non sexan imprescindibles o centro de traballo non deben entrar no mesmo. Deben ser avisadas para que non acudan ou, se o fan, ser recibidos nunha zona de recepción e durante o menor tempo posible

34. Información telemática sobre medidas adoptadas na empresa a provedores e contratistas habituais, especialmente a transportistas

Recomendación: Evitar as reunións presenciais e realizaras por vía telemática. Hai que informar provedores e clientes claramente e coa frecuencia necesaria para evitar confusións

35. Información ben visible á entrada do centro sobre normas para persoas externas

36. Información e instrucións aos traballadores externos

Recomendación: Se é imprescindible que haxa traballadores externos no centro débese informar e dar instrucións á súa empresa previamente, por vía telemática, sobre as normas que se deben cumprir no centro de traballo. A devandita empresa debe, pola súa parte, informar sobre as medidas que van adoptar. Á chegada ao centro se lles volverá a dar instrucións e comprobarase que cumpren co especificado. Para iso e para o control xornal posterior, designarase a unha persoa como supervisora e pedirase á empresa contratista ou provedora que designe a outra pola súa banda

37. Establecemento de medidas de control de cumprimento por parte de persoas externas

Se é imprescindible que haxa traballadores externos no centro débese informar e dar instrucións á súa empresa previamente, por vía telemática, sobre as normas que se deben cumprir no centro de traballo. A devandita empresa debe, pola súa parte, informar sobre as medidas que van adoptar. Á chegada ao centro se lles volverá a dar instrucións e comprobarase que cumpren co especificado. Para iso, e para o control xornal posterior, designarase a unha persoa como supervisora e pedirase á empresa contratista ou provedora que designe a outra pola súa banda

38. Se se ten que enviar traballadores a outras empresas, solicitude previa a estas de información e normas

Recomendación: No caso de que haxa que enviar traballadores a centros de traballo alleo, realizarase o mesmo proceso que o descrito anteriormente, pero ao revés. Recoméndase utilizar a aplicación móbil Pretarefa para a vixilancia e control de medidas.

39. Dotar os traballadores que se desprazan de Permiso de traballo externo (correo vinculado con App Pretarefa)

Recomendación: No caso de que haxa que enviar traballadores a centros de traballo alleo, realizarase o mesmo proceso que o descrito anteriormente, pero ao revés. Recoméndase utilizar a aplicación móbil Pretarefa para a vixilancia e control de medidas.

40. Dotar os traballadores desprazados de medios de protección e higienización suficientes para as operacións que deban realizar ata que regresen ao centro propio

Recomendación: No caso de que haxa que enviar traballadores a centros de traballo alleo, realizarase o mesmo proceso que o descrito anteriormente, pero ao revés. Recoméndase utilizar a aplicación móbil Pretarefa para a vixilancia e control de medidas.

41. Dotar os traballadores que se desprazan de normas e sistemas de comunicación (App Pretarefa)

Recomendación: No caso de que haxa que enviar traballadores a centros de traballo alleo, realizarase o mesmo proceso que o descrito anteriormente, pero ao revés. Recoméndase utilizar a aplicación móbil Pretarefa para a vixilancia e control de medidas.

Para non perder os datos debe imprimir