Programa de xestión da sinistralidade

Publicado o: 08/01/2016

Os programas de xestión da sinistralidade dan resposta ás empresas cuxa incidencia nesta problemática non responden a un patrón que permita a aplicación de programas máis estadarizados.

Nestes casos, a empresa enfróntase a unha sinistralidade que está xerada por varias causas que se potencian entre elas. Por esta razón é difícil encontrar solucións eficaces. Só cunha análise por parte de persoas expertas pódense implantar solucións que teñan un impacto real. Nestes casos poñemos en marcha un plan estratéxico de redución da sinistralidade na empresa. 

Un plan de acción áxil, coherente e profesional

Programa xestión da sinistralidade

Os planes de acción estrutúranse en diferentes fases para maximizar a súa eficacia e retorno. Estes plans teñen unha duración mínima de 12 meses:

  1. Análise previa da sinistralidade
    O noso persoal técnico de prevención elabora un informe de sinistralidade en que analiza o volume e tipo de accidentes e enfermidades profesionais.

  2. Visita á empresa
    Concértase unha reunión coa persoa interlocutora da empresa para explicarlle o diagnóstico inicial e a proposta de colaboración para a redución da sinistralidade.

  3. Diagnóstico de puntos críticos e elaboración do programa de acción
    A nosa persoa técnica de prevención analiza en profundidade os motivos e factores que inflúen na sinistralidade, elabora un diagnóstico e propón un plan de acción que cobre un período de entre 12 e 24 meses.

    Todas as actividades previstas na Lei de prevención de riscos laborais como responsabilidade empresarial son desenvolvidas pola empresa a través da modalidade organizativa de prevención de riscos laborais que esta adoptase.

  4. Posta en marcha do programa
    Desenvolvemento de accións e seguimento en reunións periódicas.

  5. Asesoramento permanente
    O noso persoal técnico de prevención asesora en todo momento ás persoas responsables da empresa sobre calquera aspecto do plan e de evolución da sinistralidade.