Asesoramento en prevención

Publicado o: 14/01/2016

Os servizos de asesoramento son prestados por técnicos especialistas de Mutua Universal, con apoio de expertos en áreas específicas.

Asesoramento xenérico en prevención

Asesoramento xenérico en prevención

O obxectivo principal é o de resolver as consultas dos responsables de prevención nas empresas asociadas, coa finalidade de axudarlles a desenvolver as súas misións.

O asesoramento é unha actividade que se leva a cabo a demanda da empresa, é dicir, cada vez que esta o solicita. A empresa diríxese ao técnico de prevención da zona para solicitar o asesoramento que precisa. Pode establecer contacto telefónico ou por correo electrónico. Cando o tema o requira, o técnico de prevención visita a empresa. 

Algúns exemplos de asesoramento:

  • Normativa aplicable a un tema determinado.
  • Metodoloxía para avaliar riscos.
  • Equipos de protección individual.

Asesoramento para pemes e autónomos

Asesoramento pemes e autónomos

Apoio técnico aos responsables de prevención de empresas de menos de 50 traballadores e a traballadores autónomos para que desenvolvan as actividades preventivas.

Atención presencial e orientación para o uso das aplicacións Prevención10Prevención25 (conxunto de instrumentos web elaborados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo co obxectivo de facilitar a empresas de ata 25 traballadores a avaliación dos seus riscos e a aplicación de medidas de prevención. Tamén se achega unha plataforma de formación e unha ferramenta específica para os traballadores autónomos (Autoprevent).

O asesoramento lévase a cabo mediante:

  • Atención telefónica.
  • Envío de información.
  • Distribución de publicacións.
  • Visitas a empresa e atención presencial do técnico de prevención.
  • Asesoramento para a aplicación de Prevención25 (desde 2011).

Asesoramento en plans de mobilidade

Cando se detecta a necesidade dunha empresa asociada de elaborar un plan de mobilidade dos seus traballadores (para reducir absentismo relacionado co transporte, para reducir accidentes de circulación, para cumprir os requisitos do Bonus ou outros motivos), o técnico de prevención acorda unha reunión coa empresa para presentarlle a metodoloxía de colaboración e obter información previa.

A continuación, faise un diagnóstico da situación no que se detectan os problemas. O seguinte paso é facer reunións de traballo coa empresa para establecer o programa de traballo.

Mutua Universal facilítalle os seguintes instrumentos e servizos:

  • Guía de mobilidade: documento de orientación ao empresario para desenvolver un plan de mobilidade.
  • Asesoramento en elaboración de plans de mobilidade.
  • Proceso de difusión: asesoramento á empresa sobre como dar a coñecer os traballadores das empresas o Plan de mobilidade e sensibilizarlles para que se integren e colaboren na aplicación do mesmo.
  • Materiais de apoio: colección de carteis, folletos e manuais de apoio á aplicación do Plan de mobilidade.