Planificación da Actividade Preventiva. Medidas Preventivas
Como empresario, debes planificar a actividade preventiva na túa empresa.

Temas: Prevención de riscos laborais | Etiquetas: Avaliación, Medida correctiva, Medida preventiva, Normativa, Planificación, Prevención, Riscos
Planificación da Actividade Preventiva. Medidas Preventivas

A Planificación da Actividade Preventiva consiste en planificar e documentar as actuacións preventivas que estea previsto aplicar na túa empresa co fin de eliminar, controlar ou reducir os riscos identificados na Avaliación de Riscos, sinalando unha orde de prioridades en función da súa magnitude e o número de traballadores expostos aos mesmos.

A planificación debe incluír tanto os prazos e os responsables, como os medios humanos ou materiais e os recursos económicos necesarios para aplicar as medidas ou actividades propostas na Avaliación de Riscos.

A planificación deberá basearse nos Principios da acción preventiva e será elaborada por persoal técnico formado, aínda que o empresario deberá aprobara e realizar o seu seguimento.