Formación en PRL
Como persoa empresaria es responsable de ofrecer a formación obrigatoria a todas as persoas traballadoras da túa empresa en materia de PRL

Temas: Prevención de riscos laborais | Etiquetas: Manual, Emerxencia, Formación, Informe, Medida preventiva, Normativa, Prevención, Primeiros auxilios, Protección, Riscos
Formación en PRL

A formación en PRL é preventiva e debe realizarse no momento da contratación e cantas veces cumpra.

A formación debe impartirse no momento da contratación e cando haxa cambios que poidan afectar ao posto de traballo da persoa, pois o seu obxectivo é preventivo e débese dar para controlar os riscos. Os programas formativos deben incluír os aspectos xerais de normas, procedementos, riscos, medidas preventivas e medidas de actuación en situacións de emerxencia, así como os aspectos concretos que afectan a cada posto de traballo. Se a formación non é asumida de forma interna pola persoa traballadora coa formación necesaria, tense que contar cun servizo de prevención externo.