Coordinación de Actividades Empresariais
A coordinación de actividades empresariais é necesaria para previr os riscos creados polas interaccións entre traballos realizados nun mesmo lugar por distintas empresas ou persoas traballadoras autónomas.

A coordinación de actividades empresariais é o conxunto de actividades desenvolvidas polas empresas e as persoas traballadoras autónomas concorrentes nun centro de traballo para evitar ou controlar os riscos laborais mentres dura a súa actividade.
Comeza polo intercambio de información entre elas.