Psicosocioloxía aplicada
A psicosocioloxía aplicada identifica, analiza, avalía e trata de previr os riscos derivados da interacción do traballador cos factores psicosociais do traballo.

Temas: Prevención de riscos laborais | Etiquetas: Coordinación, Avaliación, Modelo de prevención, Prevención, Psicoloxía, Psicosocioloxía
Psicosocioloxía aplicada

Os factores psicosociais do traballo están relacionados coas condicións da organización, o contido do traballo e a realización da tarefa. Poden afectar ao benestar ou a saúde dos teus traballadores e ao desenvolvemento das súas tarefas.

A carga mental, as esixencias emocionais, o tempo e o contido do traballo, o desempeño do rol, a autonomía, así como o apoio social e o estilo de mando son algúns dos factores psicosociais que desenvolveremos neste documento.