Hixiene industrial
Coñece como actuar fronte aos contaminantes ambientais derivados do traballo
Os contaminantes ambientais, presentes no posto de traballo, non se perciben de maneira inmediata, por esta razón é importante levar a cabo unha boa identificación e avaliación e manter un control axeitado das condicións de traballo.
As medidas preventivas e correctivas aplícanse en función do tipo de contaminante (físico, químico ou biolóxico) e do proceso de exposición e, aínda que se usen Equipos de Protección Individual, deben anteporse as proteccións colectivas e / ou organizativas.