Traballo Social Sanitario

Publicado o: 11/11/2015

En Mutua Universal somos conscientes de que un accidente laboral ou enfermidade profesional pode producir cambios nas dinámicas familiares e a aparición de necesidades sociais e psicosociais.

Por ese motivo, pomos a disposición de nosa problación protexida e as súas familias noso servizo de traballo social sanitario que, en colaboración co resto de profesionais dos nosos equipos asistenciais, encárgase de atender aquelas necesidades que poidan xurdir ou agravarse tras un accidente laboral.

O principal obxectivo é ofrecer unha atención humana, integral e de calidade. Con este fin, o noso equipo de traballo social traballa de forma coordinada para:

  • Avaliar, asesorar e informar sobre todos os aspectos sociais que poden condicionar a situación de saúde.
  • Achegar alternativas ou solucións ás dificultades ou problemáticas que nacen a raíz do accidente ou da enfermidade profesional.
  • Evitar posibles desaxustes que poidan xurdir no medio familiar como consecuencia da perda de saúde.
  • Fomentar a reinserción socio laboral.

Para conseguiro, traballamos desde a empatía e o recoñecemento da persoa accidentada e o seu medio, acompañandolles dunha forma profesional e innovadora, pero sen perder a humanidade e a calidez.


En que te podemos axudar?

Principais funcións do equipo de traballo social sanitario
  • Apoio psico social e acompañamento especializado durante o seu proceso de recuperación e / ou adaptación á nova situación.
  • Seguimento durante a súa hospitalización, en coordinación con outros servizos de traballo social, para garantir a mellor atención e planificar a alta hospitalaria nas mellores condicións.
  • Información e asesoramento sobre recursos, procedementos e trámites administrativos da propia mutua ou doutras institucións públicas ou privadas (pagamento directo, incapacidade, discapacidade, etc.).
  • Valoración e asesoramento en materia de servizos, axudas técnicas e adaptacións no fogar para garantir a calidade de vida da persoa accidentada.
  • Servizo de reinserción socio laboral para persoas que presenten algún tipo de incapacidade ou perdesen o seu emprego durante o proceso de recuperación das súas lesións.
  • Valoración e tramitación daquelas axudas sociais que cumpran os requisitos establecidos na normativa vixente en Mutua Universal ou derivación a outros recursos públicos ou privados.

 

Se tes dúbidas, pregunta no teu centro asistencial ou contacta co noso equipo de traballo social sanitario ayudasocial@mutuauniversal.net.

Díptico Traballo Social Sanitario