Programa de reinserción laboral

Publicado o: 12/11/2015

Programa desenvolvido polo equipo de traballadoras sociais de Mutua Universal, dirixido á reorientación e integración social e laboral de persoas con discapacidade e colectivos en risco de exclusión social.

Obxectivo do programa

Promover, na medida en que a situación o permita, a reinserción laboral daqueles traballadores das nosas empresas asociadas e traballadores autónomos adheridos que tras sufrir un accidente de traballo ou padecer unha enfermidade profesional:

  • Quedaron afectos dun grao de incapacidade que lles imposibilita volver desempeñar a súa actividade laboral
  • Perderon o seu emprego durante o proceso de recuperación e encóntranse en situación de risco de exclusión social (persoas maiores de 45 anos, familias monoparentais…).
  • Familiares en primeiro grao de traballadores incapacitados ou falecidos.

Bolsa de emprego Mutuo Universal

Todos os traballadores que se encontran no noso programa de reinserción laboral poden incorporar o seu currículo na nosa Bolsa de Emprego.

Desde o Servizo de Traballo Social realízanse buscas periódicas nos principais portais de emprego co obxectivo de informar os candidatos sobre as ofertas que mellor se poidan adaptar ao seu perfil.


Novo programa de prácticas formativas para a reinserción laboral

A Mutua Universal pon á disposición das súas empresas asociadas a posibilidade de se sumaren á bolsa de emprego, para que os traballadores que forman parte do programa de reinserción laboral poidan desenvolver prácticas formativas e, con iso, contribuír á súa integración, mellorar a súa calidade de vida e reforzar a súa autoestima persoal.

Se queres máis información ponte en contacto con ayudasocial@mutuauniversal.net.

Novo programa de prácticas formativas para a reinserción laboral

Acceda á bolsa de emprego do programa de reinserción laboral