"

Bolsa de Emprego do Programa de Reinserción Laboral

Publicado o: 16/11/2015

Programa desenvolvido polo equipo de traballadoras sociais de Mutua Universal, dirixido á reorientación e integración social e laboral de persoas con discapacidade e colectivos en risco de exclusión social.

Para conseguilo, dispomos dunha bolsa de emprego á que poderás acceder enchendo este breve formulario e anexándonos o teu currículo.

O noso Servizo de Traballo Social valorará se o teu perfil se adapta ás ofertas de emprego que temos rexistradas e porase en contacto contigo.