Comisión de Prestacións Especiais

Publicado o: 23/05/2017

O contido e os requisitos de acceso ás axudas sociais que poden conceder as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, veñen reguladas pola Resolución do 28 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, pola que se establece o réxime de aplicación das prestacións complementarias do artigo 96.1 b), do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado por Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.


A Comisión de Prestacións Especiais (CPE) é o órgano competente para a concesión das prestacións especiais ou axudas sociais.

Formada por representantes dos traballadores, designados polas centrais sindicais e por representantes de empresarios asociados e autónomos, xestiona a Reserva de Asistencia Social da Mutua; a súa función é estudar e atender as situacións de especial necesidade sobrevida que se poidan producir tras o accidente de traballo ou a enfermidade profesional, mediante accións concretas orientadas a mellorar a protección dos traballadores e / ou os seus habentes-dereito.

Todas as solicitudes presentadas ante a Comisión de Prestacións Especiais son valoradas previamente polo equipo de Traballo Social Sanitario.

 


Publicado o: 23/05/2017

Como solicitar unha prestación complementaria de axuda social?