Como planificar a volta ao traballo de xeito seguro

Publicado o: 08/04/2020

volta traballo coronavirusContinuamos traballando ou volvemos ao traballo, pero seguimos nun estado de alarma polo COVID-19. Os empresarios deben planificar unha volta ao traballo seguro para os seus traballadores, pero tamén para frear a propagación do virus.

Débese planificar como a infección pode afectar a empresa e o seu proceso produtivo: materias primas, produción, vendas, distribución, etc. Ademais, debemos estar atentos ás necesidades cambiantes que as administracións sanitarias e laborais establezan en función dos avances do coñecemento sobre o virus e a enfermidade.

Para reducir o risco de exposición a COVID-19 nos centros de traballo podemos seguir uns pasos que nos axudasen a reflexionar e decidir que medidas adoptar para lograr un medio laboral máis seguro:

Publicado o: 08/04/2020

Que procesos?

Que procesos son vitais ou esenciais para o funcionamento da empresa e requiren presenza no centro de traballo. Cal é o nivel de produción que se quere ou pódese manter. Son valoracións que se deben propor e que están ligadas e condicionan os aspectos seguintes.

Publicado o: 08/04/2020

Quen e como?

Con que equipo presencial mínimo de persoas débese dispor para manter o proceso produtivo. É unha reflexión que permitirá dimensionar o equipo de traballo presencial, o de teletraballo, establecer quendas, relevos, suplencias, acomodar distancias de seguridade, prever concorrencias…

As principais recomendacións son:

  • Teletraballo. É a medida máis segura, establecer sistemas de traballo a distancia sempre que sexa posible. Manter e ampliar na medida do posible esta modalidade de traballo.
  • Organización do traballo e horarios. Establecer horarios e quendas especiais para reducir o número de persoas traballadoras presentes ao mesmo tempo nos lugares de traballo. Flexibilizar horarios para evitar aglomeracións de persoas nas entradas e saídas.
  • As persoas. Máis que nunca, vixiar a saúde das persoas traballadoras, cal é o seu estado actual de saúde, se son persoal especialmente sensible fronte ao COVID-19, se xa padeceron a enfermidade. A persoa que mostre síntomas como febre, tose, dificultade respiratoria, dor de gorxa, non debe acudir a traballar permanecendo na súa casa. Valorar a posibilidade de establecer controis de temperatura ao acceso ao centro. Establecer canles de comunicación fluídas sobre o estado de saúde do colectivo, necesario para identificar e coutar os posibles casos de COVID-19 maneira rápida.
  • Como desprazarse ao centro. Estudar e organizar os desprazamentos ao traballo para fomentar as viaxes en coche en solitario ou en transporte que permita a distancia de seguridade.
  • Provedores e outros. Coordinarse con Contratas e ETT´s no referente ás medidas adoptadas e avaliación do risco do persoal afectado. Reducir visitas e reunións presenciais.

En que condicións?

Que medidas débense adoptar nos centros de traballo para faceros máis seguros, máis limpos e máis saudables?

Débese avaliar o risco de exposición de xeito que permita clasificar as persoas traballadoras nos 3 niveis: exposición de risco, exposición de baixo risco e baixa probabilidade de exposición, establecidos polo procedemento do Ministerio de Sanidade e deste xeito aplicar as medidas preventivas en función do risco avaliado.

Como medidas de control e organizativas que melloran as condicións de traballo adaptandoas á situación actual de alarma destacamos as seguintes:

  • Ventilación do local. Aumentar as taxas de ventilación, aumente a porcentaxe de aire exterior que circula no sistema.
  • Distancias de seguridade. a distancia de seguridade establecida é de 2 metros. Analizar a distribución e organización dos postos de traballo para garantir a distancia de seguridade. Minimizar contacto entre as persoas traballadoras e / ou clientes e analizar aquelas tarefas en que non se pode respectar a distancia e buscar solucións (barreiras, EPIs…). Fomentar a situación fixa dos traballadores, sen rotar en equipos ou ciclos de traballo. 
  • Espazos comúns ou concorridos. Evitar concorrencia en espazos comúns
    • Limitar o uso de vestiarios e servizos hixiénicos.
    • Racionalizar o uso de ascensores.
    • Limitar o uso de comedores sempre que sexa posible, limitando ao máximo a manipulación e consumo de alimentos nos centros de traballo.
    • Eliminar ou reducir reunións, visitas e viaxes non esenciais.
  • Limpeza de superficies e espazos. Incrementar a limpeza e desinfección daquelas superficies que se tocan con frecuencia no lugar de traballo: pupitres de mando, teclados mesas, interruptores, pasamáns en escaleiras, manubrios, billas, etc, realizandoa varias veces en cada xornada laboral e nos cambios de quenda.
  • Medios de hixiene. Garantir a dispoñibilidade e fácil acceso a auga e xabón para a hixiene de mans, papel desbotable para secado e papeleiras, preferentemente con apertura de pedal. Nos postos en que non sexa posible, dispor de xeles alcohólicos.
  • Equipos de Protección Individual (EPI). Seguir empregando os equipos necesarios para o desenvolvemento do traballo habitual. Estar atentos ás recomendacións das autoridades sanitarias sobre o uso de máscaras ou tapa bocas e luvas.
  • Comunicación, formación, información e sensibilización. Nesta situación é fundamental para as persoas, coñecer como proceder, como actuar, cales son os cambios nos procedementos, que non facer, etc. Débese formar e informar sobre as medidas de prevención específica relacionadas con COVID-19. Lembrar varias veces na xornada, persoalmente ou por megafonía, a necesidade de reducir ao máximo o contacto mans/cara e de lavarse frecuentemente as mans. Informar e lembrar instrucións para lavarse as mans axeitadamente. Difundir as recomendacións para previr o coronavirus.

Estas son algunhas das moitas medidas preventivas que se poden adoptar no posto de traballo para faceros máis seguros fronte a COVID-19.

Publicado o: 08/04/2020

 

Para saber máis

Nas ligazóns seguintes ofrécese máis información e exemplos sobre medidas preventivas a adoptar no puestro de traballo por actividade e sectores: