Revisión das resolucións provisionais das prestacións extraordinarias por cesamento de actividade por Covid-19, segundo Real decreto Lei 8/2020

Publicado o: 29/09/2023

Durante a pandemia xurdiu a prestación extraordinaria por cesamento de actividade, regulada no artigo 17 do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, destinada aos afectados pola declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, para que os autónomos que sufrisen a suspensión da súa actividade polas medidas extraordinarias adoptadas pola pandemia ou visen moi afectado o seu rendemento económico tivesen unha axuda de rendas para paliar a situación. A devandita medida foi posteriormente prorrogada ou estendida en sucesivos decretos.

O artigo 17.9 do citado Real decreto-lei recolle que as entidades xestoras, de acordo coa solicitude presentada e os documentos se é o caso achegados, ditasen a resolución provisional procedente, estimando ou desestimando o dereito Unha vez finalizado o período de vixencia debíase proceder á revisión de todas as resolucións provisionais adoptadas e naqueles supostos en que se desprenda que non teñen dereito á prestación, iniciar os trámites de reclamación das cantidades indebidamente percibidas.

Por este motivo, nestes momentos, iniciouse o proceso de revisión destas prestacións, analizando a documentación achegada e contrastada coa información facilitada pola Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, baseada nos datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e do Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS).

Mutua Universal está procedendo a notificar a todas as persoas autónomas ás que se lles recoñeceu provisionalmente a prestación, se se recoñece a concesión definitiva da prestación ou se existe algunha incidencia a emendar, iniciando o trámite de audiencia.


No suposto de que a persoa autónoma reciba notificación de emenda da documentación, debe acceder ao formulario en liña habilitado:


Para iniciar o trámite de emenda, son necesarios o IDE de emenda (situado na parte superior da notificación) e o número de documento de identidade.

Na notificación detállase, así mesmo, o motivo polo que a prestación foi revisada e as indicendias que se detectaron en relación ao cumprimento dos requisitos legalmente establecidos ou aos importes abonados. A notificación informa da apertura do trámite de audiencia, dispondo dun prazo de 15 días hábiles para presentar a documentación indicada en cada apartado e poder formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas (lémbrase que non se teñen en conta os sábados, domingos e festivos para o cómputo de días).

No caso de que se queira renunciar a este trámite de audiencia, ou se no prazo de 15 días hábiles non se presentou a documentación ou se formularon alegacións, emitirase a resolución definitiva, ditando acordo denegatorio ou de concesión definitiva, pero con importes indebidos da prestación, reclamando os importes que percibiron no seu momento.