Prestacións por incapacidade permanente

Publicado o: 23/11/2015

Graos de incapacidade permanente

Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual:

Limitación non inferior ao 33% no rendemento.

Incapacidade permanente total para a profesión habitual:

Inhabilita o traballador para a súa “profesión habitual” pero pode dedicarse a outra distinta.

Incapacidade permanente absoluta para todo traballo:

Inhabilita o traballador para toda profesión ou oficio.

Grande invalidez.

Cando o traballador incapacitado permanente absoluto necesita a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida

No seguinte cadro detállanse os diferentes graos que existen de incapacidade permanente.

Incapacidade permanente

Lesións non invalidantes causadas por AT e EP

Prestación consistente nunha indemnización a prezo fixado que a Seguridade Social recoñece aos traballadores que sufran lesións, mutilacións e deformidades causadas por accidentes de traballo ou enfermidades profesionais, que sen chegar a constituír incapacidade permanente, supoñan unha diminución da integridade física do traballador, sempre que aparezan recollidas no baremo establecido para ese fin.


Contía das prestacións económicas

Indemnización por baremo.

Importes recollidos na Orde TAS/1040/05 do 18 abril.

A prestación faise efectiva a partir da correspondente resolución.

I. P. parcial.

Consiste nunha indemnización a prezo fixado equivalente a 24 mensualidades da base reguladora que serviu para o cálculo da incapacidade temporal.

Efectos económicos. A prestación faise efectiva a partir da correspondente resolución.

A prestación está suxeita a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e sometida, se é o caso, ao sistema xeral de retencións a conta do imposto.

Compatibilidades. A prestación é compatible co desenvolvemento de calquera actividade laboral, tanto por conta allea como por conta propia, así como co mantemento do traballo que se viñese desenvolvendo.

Os traballadores en incapacidade permanente parcial terán dereito a reincorporarse ao seu posto de traballo. As condicións de reincorporación dependerán do grao de incapacidade e da súa recuperación posterior.

I. P. Total.

Consiste nunha pensión vitalicia do 55% da base reguladora.

Incrementarase un 20% para os maiores de 55 anos cando se presuma dificultade de obter emprego en actividade distinta á habitual.

A prestación económica encóntrase suxeita a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a excepción das pensións de incapacidade permanente total cualificada (75%) que se encontran exentas de tributación.

Efectos económicos da prestación fíxanse no momento da cualificación, é dicir, na data da resolución. Non obstante, poderán retrotraerse á data de extinción do subsidio de incapacidade temporal, cando a contía da pensión de incapacidade permanente sexa superior á do subsidio que se viña percibindo, non existindo retroacción, en ningún caso, se o traballador se encontraba en situación de demora da cualificación.

Efectos económicos do incremento do 20%, nos casos de incapacidade permanente total cualificada, prodúcese desde a data da solicitude, cunha retroactividade máxima de 3 meses, sempre que concorran os requisitos necesarios para ter dereito ao devandito incremento.

Compatibilidades.

Da pensión co traballo:

É compatible coa realización de calquera traballo por conta allea ou propia na mesma empresa ou noutra distinta.

É incompatible co desempeño do mesmo posto na empresa. 

Do incremento do 20% co traballo e outras prestacións:

A percepción do incremento do 20% é incompatible: Coa realización de traballos por conta allea ou propia.

I. P. Absoluta.

Consiste nunha pensión vitalicia do 100% da base reguladora

Efectos económicos da prestación fíxanse no momento da cualificación, é dicir, na data da resolución. Non obstante, poderán retrotraerse á data de extinción do subsidio de incapacidade temporal (alta con informe proposta), cando a contía da pensión de incapacidade permanente sexa superior á do subsidio que se viña percibindo, non existindo retroacción, en ningún caso, se o traballador se encontraba en situación de demora da cualificación

Compatibilidades. A pensión non impedirá o exercicio daquelas actividades, sexan ou non lucrativas, compatibles co estado do inválido e que non representen un cambio na súa capacidade de traballo para os efectos de revisión

Grande invalidez.

Consiste nunha pensión vitalicia do 100% da base reguladora incrementada cun complemento.

Efectos económicos da prestación fíxanse no momento da cualificación, é dicir, na data da resolución. Non obstante, poderán retrotraerse á data de extinción do subsidio de incapacidade temporal (alta con informe proposta), cando a contía da pensión de incapacidade permanente sexa superior á do subsidio que se viña percibindo, non existindo retroacción, en ningún caso, se o traballador se encontraba en situación de demora da cualificación

As pensións por incapacidade permanente absoluta e as de grande invalidez están exentas de tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).