Prestacións especiais

Publicado o: 12/01/2016

Mediante o labor da Comisión de Prestacións Especiais, apoiamos os traballadores e familiares en situación de necesidade tras sufrir un accidente de traballo ou enfermidade profesional. O apoio pode incluír axudas económicas, atención psicolóxica e outras actuacións para contribuír a manter a calidade de vida.

A Comisión de Prestacións Especiais analiza de forma individualizada cada petición de axuda e ofrece as solucións máis axeitadas a cada caso.

Beneficiarios das axudas

  • Traballadores que acrediten un estado de necesidade tras sufrir un accidente de traballo ou enfermidade profesional con baixa médica.
  • Familiares directos que acrediten un estado de necesidade tras o falecemento do traballador protexido ou en situacións de incapacidade temporal ou permanente do traballador.